jueves, 14 de octubre de 2010

XA ESTA AQUÍ O PIPOTAZO 2010

Un ano máis os mozos da Asociación Xuvenil " O Pipote" sacamos adiante unha nova Edición do Festival Magosto O Pipotazo.

Este é un ano no que mudamos de nome, pasamos de Castañazo a Pipotazo ( por os problemas que todos coñecedes e tamén para crear un novo proxecto máis ligado a Asociación e quizais no futuro poder realizar modificacións que non nos movilizen tanto nas Datas), a pesar de todo mantemos a filosofía de sempre basada na combinación perfecta entre música e gastronomía do pais, indicar que este ano a nivel gastronómico incluimos os Callos no Menú para facer frente as dificiles condicións meteorolóxicas destas datas.

Indicar que o Menú tera un Prezo de 6€ e estará formado por Empanada, Chourizo, Callos, Pan e Bica e todo regado polo mellor Viño do País.

Por outro lado seguimos tratando de manter un proxecto popular, apoiando a música galega e de balde, trataremos de manter esta filosofía o máximo tempo posible, defenderemos sempre o Acceso Gratuito a pesares de que nos impida medrar organizativamente e máis en tempos dificiles como os Actuais.

Ao longo dos próximos días faremos pública a Programación deste ano na que contaremos tamén cos habituais Xogos Tradiccionais nos que esperamos contar con vos a partires das 17:00 horas.

VEMONOS O 30/10 NO BOSQUE DO CASTELO DE MACEDA, PARA DISFRUTAR DUN GRAN DÍA DE FESTA.